1. Ana Vilas
2. Lucía Fernández
3. Sara Cabaleiro
4. Aroa Coello
5. Mario Rey
6. Sergio Domínguez
7. Irene Rodríguez
8. Antía Alvarez
9. Gabriela De Paz
10. Breixo Omil
Déixovos unhas fotos deste acontecemento:
Aspecto do escenario de Valadares con todos os participantes do Certame de Regueifas |
Aroa agardando polo momento da súa actuación |
A nosa pancarta do colexio Bouza Brey |
Cristian portando a Pancarta para animar aos seus compañeiros |
Antía regueifando con outros participantes |
Mario escoitando atentamente as indicacións |
Breixo no momento da súa actuación |
Lucía agardando o sinal para comezar |
Sergio preparado xa para regueifar |
Sara escoitando atentamente as indicacións de Caruncho |
Estas palabras escoitaba a nosa reporteira particular que quixo falar con eles para que nos deixasen algunhas das súas coplas.
Coplccopas de presentación:
Coplas de Presentación:
Dende o colexio Bouza Brey
veño eu a participar
eu son Lucía Fernández
e vou intentar gañar.
Ola a todos regueifeiros
son chamado Mario Rey
e para que o saibades
veño do Bouza Brey
Eu son Aroa Coello
e sonche de aquí de Vigo
eu tamén son bailarina
e quero bailar contigo.
Eu son Irene Rodríguez
este anoo imos gañar
xa que somos os mellores
e non o podo remediar.
Eu son Sara Cabaleiro
toco a frauta traveseira
pero hoxe nas regueifas
vou cantar o que queira.
Chámome Sergio Domínguez
e non son moi atractivo
nin tampouco intelixente
pero si moi divertido.
Hoxe si vou regueifar
O meu nome é Antía
vivo preto do aeroporto
e canto con alegría.
O meu nome é Gabriela
veño cos meus compañeiros
a facer unhas regueifas
encántoume coñecervos
O meu nome é Breixo Omil
e veño do Bouza Brey
veño a participar
e tamén veño a vencer.
Isto foi todo amiguiños, para o vindeiro curso volveremos regueifar en Valadares.